Probas libres de obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos en Galicia 2020

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou a Proba para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos no ano 2020, nas modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais.
Graduado, Graduación, La Escuela, Estudiante
Imagen obtenida en Pixabay

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2020.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes (presencial, semipresencial ou telemática) nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2019/20.

As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

PRAZO E LUGAR DE INSCRICIÓN:
O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020.

As solicitudes deberán presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou en soporte papel según o formulario oficial (anexo I), nos seguintes centros:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo

DOCUMENTACIÓN PARA INSCRICIÓN:

  • Formulario de solicitude (anexo I).
  • Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.
  • Certificado de residencia, se a persoa solicitante procede doutra comunidade autónoma, no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.
  • Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.

DATA DAS PROBAS:
As probas terán lugar o día 24 de abril de 2020, en sesión de mañá e tarde, no IES SAN CLEMENTE  de Santiago de Compostela.
HORARIOS E MATERIAIS A USAR NA PROBA: Ver resolución. 

ESTRUTURA DA PROBA: Ver resolución. 

MATERIAS DA PROBA:  Enlace

CONVALIDACIÓN CON MATERIAS SUPERADAS DE BACHARELATO: Enlace

PREPARACIÓN DAS PROBAS:

Probas do mes de xuño de 2011
Probas do mes de setembro de 2011
Probas do mes de abril de 2012
Probas do mes de setembro de 2012
Probas do mes de maio de 2013
Probas do mes de setembro de 2013
Probas do mes de maio de 2014
Probas do mes de setembro de 2014
Probas do mes de maio de 2015
Probas do mes de setembro de 2015
Probas do mes de maio de 2016
Probas do mes de setembro de 2016
Probas de abril 2017
Probas de abril 2018
Probas de abril 2019


MÁIS INFORMACIÓN:

Fonte: Monica Diz