Probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2015/16.

A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 5 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 22 de xuño.
Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2015 e en www.edu.xunta.es

Music1