PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de Formación profesional

 

 

ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018

Plazo de inscripción:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grado medio: o prazo de presentación será entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos incluídos.

Realización da proba:  31 maio

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grado superior: o prazo de presentación será entre os días 8 e 23 de febrero de 2018, ambos incluídos.

Realización de la prueba:  19 abril

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba. 

A proba divídese en tres partes:
– Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
– Matemática: matemáticas.
– Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

 

A proba divídese en dúas partes:
– Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
– Parte específica:
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

 

Familia profesional de Seguridade e medio ambiente

Más información:  probas.ciclos@edu.xunta.es.

FONTE: Orienta Galicia