Proba para a obtención do certificado galego de competencias dixitais en ofimática

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

VER DOG: ofimatica

Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

7. As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco (5) días naturais desde a data de dita publicación a taxa de dez (10) euros correspondente aos dereitos de exame e serán excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

En As Pontes a proba terá lugar o xoves 17 de novembro as 10 da mañá