Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Resultado de imagem para baby

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Normativa:

Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016. (DOG nº 17 do 27/01/2016)

Persoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos)

Requisitos:

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
  • Que durante o ano 2014, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

Contía da axuda:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
  • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

Prazo de presentación:

Corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Até o 7 de marzo de 2016.

Mais Información: Servizos Sociais do Concello das Pontes