Presentación do Libro ELAS de Aurora Marco

 

O venres 5 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Mercado Vello terá lugar a presentación do Libro ELAS de Aurora Marco. Esta actividade organizada desde as Concellerías de Benestar Social e Cultura e A Xanela Editorial, contará coa presencia da propia autora, acompañada do alcalde Valentín González Formoso, a concelleira de Cultura, Sonia Sueiro Fernández e Xosé Manuel Calviño, o editor.

ELAS é froito dun traballo de investigación iniciado pola autora hai máis de 30 anos.

Acompañan á presentación deste libro unha EXPOSICIÓN das seguintes autoras galegas: Chelo García, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

O acto contará coa actuación das Cantareiras de Alende.