Presentación Conservatorio

O Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez é un conservatorio de titularidade municipal que imparte os graos elemental e profesional.

Foi creado no ano 1990, atópase na Avda. As Veigas s/n e o seu código de centro é o 15026741.

Imparte as ensinanzas regradas de réxime especial de música dos graos elemental e profesional de música nas especialidades de violín, violonchelo, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, guitarra e piano.

Ao remate dos estudos de grao elemental os alumnos obterán un certificado.

Ao remate dos estudos de grao profesional os alumnos obterán o título profesional de música na especialidade cursada.

Estudos

Os estudos regrados de música se dividen en especialidades e á súa vez en tres graos: elemental, profesional e superior.

O grao elemental comprende catro cursos e nel impártense tres materias: instrumento que é individual de dunha hora semanal, linguaxe musical que é colectiva e de duas horas semanais, e educación auditiva e vocal que tamén é colectiva e de unha hora semanal.

O grao profesional comprende seis cursos e nel impártense materias individuais como instrumento ou piano complementario, materias colectivas como linguaxe musical, harmonía, historia da música ou análise e materias grupais como orquestra, banda, conxunto ou música de cámara. As materias impartidas van en función da especialidade e do curso.

Especialidades

No conservatorio das Pontes impártense 12 especialidades:

– Violín e violonchelo: instrumentos de corda friccionada que usamos en todo tipo de música, dende a clásica onde son os reis da orquestra sinfónica, ata o folk ou o pop.

– Frauta traveseira: instrumento de vento madeira que usamos en música de cámara, orquestras, bandas ou grupos de música folk.

– Clarinete: instrumento de vento madeira que podemos ver en multitude de agrupacións clásicas e modernas, como orquestras sinfónicas ou grupos de Jazz.

– Saxofón: outro instrumento de vento madeira, o máis moderno dos instrumentos de vento madeira e que atopamos facendo música en grupos de música pop, rock, Jazz, bandas populares, música de cámara, e un longo etcétera.

– Trompeta, trompa, trombón e tuba: instrumentos de vento metal que atopamos tamén en multitude de agrupacións clásicas e modernas, facendo música de todo tipo: dende a máis antiga, ata a máis moderna.

– Percusión: esta especialidade inclúe moitos instrumentos diferentes: marimba, vibráfono, batería, bombo, triángulo, yembés, timbais, pratos, dum dum, tam tam, gong, pandereta, maracas, crótalos, bongós….. con estos instrumentos tamén podemos facer música de tódalas épocas e participar en agrupacións de todo tipo.

– Guitarra: instrumento de corda pulsada, tamén cunha grande historia detrás e un dos máis populares hoxe en día. Atopámolo facendo dende música clásica ata a música máis moderna de hoxe en día, pasando por outras como o flamenco ou o jazz.

– Piano: instrumento de corda percutida, o rei da música do romanticismo e o instrumento/orquestra por excelencia. Con el podemos facer as melodías, os acompañamentos, os baixos, e incluso a percusión da música que queiramos interpretar. Por iso o atopamos facendo música só e en multitude de agrupacións de música de cámara.