Preparación do CODIX

 

A Aula CEMIT do Concello de As Pontes organiza un curso para preparar as probas CODIX (Certificación galega de competencias dixitais en ofimática).

Datas: do 11 ao 28 de setembro de 10 a 12 no soto da Casa Dopeso.

CODIX qué é?

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA.

A Oficina CeMIT (AMTEGA) ofrece dúas posibilidades para obter a certificación:

  1. Presentarse a un curso de teleformación con exame presencial final (dúas convocatorias anuais: febreiro e setembro).
  2. Presentarse directamente a un exame libre (dúas convocatorias anuais: marzo e outubro)

Mais info: https://cemit.xunta.gal/es/codix