Premios da UDC á excelencia académica no Bacharelato 2017

Universidade da Coruña convoca a 13ª Edición de Premios da Universidade da Coruña á Excelencia Académica no Bacharelato para o curso 2017/2018.

 

OBXECTO DOS PREMIOS:

 

Recoñecer o esforzo e dedicación do alumnado con resultados académicos excelentes nos seus estudos de bacharelato, premiando aqueles que teñan a mellor nota de admisión á universidade e que formalizaren matrícula en calquera das titulacións oficiais que se imparten nos Centros Propios da Universidade da Coruña no curso académico 2017/2018.
REQUISITOS: 
Poderán solicitar os Premios Universidade da Coruña á excelencia académica no bacharelato todos aqueles estudantes que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter finalizado os estudos de bacharelato no curso académico 2016/2017 en calquera centro educativo recoñecido pola administración educativa en todo o territorio nacional.
b) Nota de admisión á universidade igual ou superior a 9.00. Non se terán en consideración aquelas solicitudes cunha media inferior á sinalada.
c) Terse matriculado por primeira vez no curso académico 2017/2018 en calquera das titulacións oficiais impartidas nos centros propios da Universidade da Coruña.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

 

  • O prazo de presentación de solicitudes é desde o 29 de setembro até o día 16 de outubro de 2017, ás 14:00 horas.
  • As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 15001 A Coruña), ou nos Rexistros Auxiliares: campus da Zapateira (Facultade de Ciencias, andar baixo A Coruña), ou campus de Ferrol (Edificio de Apoio ao Estudo, andar baixo. Campus de Esteiro. Ferrol).

DOCUMENTACIÓN: Impreso de solicitude + fotocopia do DNI.
DOTACIÓN ECONÓMICA: Concédense 44 premios de 700 euros brutos cada un.
CONVOCATORIA: 
13ª EDICIÓN DE PREMIOS UNIVERSIDADE DA CORUÑA Á EXCELENCIA ACADÉMICA NO BACHARELATOCURSO 2017/2018. Na convocatoria atoparás o impreso de solicitude e máis información sobre o procedemento.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTA CON:
Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante-SAPE
Pavillón de Estudantes. Campus de ElviñaA Coruña
Teléfonos: 981 167 000, exts. 2900, 2912 e 2915