PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL – EGAP 2017

PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL – EGAP 2017

Co gallo do Día das Letras Galegas e de render homenaxe á figura de Carlos Casares, a EGAP convoca un premio de literatura infantil no cal poderán participar as nenas e os nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

As nenas e os nenos interesados en participar no concurso deberán redactar un conto en lingua galega de temática libre, de acordo co establecido na base terceira da convocatoria.

Dotación: 1º premio: 250 euros; 2º premio: 200 euros; 3º premio: 150 euros

Prazo de presentación: desde o 17 de maio ata o 16 de xuño

Máis información no DOG núm. 93, do 16 de maio, e na web da EGAP http://egap.xunta.gal/fichanova/id/2668