Prazo de matrícula para o curso 2020/2021 no conservatorio

Dende o luns 22 ao martes 30 de xuño poden formalizar as matrículas para o vindeiro curso no Conservatorio Profesional de Música das Pontes os alumnos que xa están cursando estudos neste centro.

A matrícula pode facerse de xeito presencial no Rexistro Xeral do concello entregando o impreso que podedes descargar a continuación cuberto ou de xeito telemático a través da Sede Electrónica.

Lembrade que para todos os trámites no rexistro do concello hai que solicitar cita previa. As solicitudes de cita previa poden realizarse a través dos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80, que estarán operativos, en horario de mañá, de 08:30 a 13:30 horas

É importante marcar as casillas correspondentes se se solicita axuda por renda, pago fraccionado ou familia numerosa (en en ese caso hay que levar o orixinal do libro ao rexistro ou xuntar copia en caso de facelo online).

IMPRESO DE MATRÍCULA PARA DESCARGAR.

INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA POR SEDE ELECTRÓNICA.