Prazas nas residencias de estudiantes da Xunta

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 223 prazas para mozos e mozas, nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2015/2016, no réxime de internado.


As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de xullo de 2016. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

Prazas:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 74 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas
Vigo: Altamar. 94 prazas.

residenciaflorentino

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2015

ORDE do 27 de abril de 2015 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2015/16.

Consulta o DOG: residencias estudiantes xunta