Practicas na empresa

Últimos días para solicitar as axudas da  Consellería de Traballo e Benestar para financiar o custo das prácticas profesionais non laborais que realicen mozos/as nas empresas. empleo-jovenes

Beneficiarios/as: empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co SPEG no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais.

Detalle das prácticas:
en centros de traballo de Galicia
de 6 a 9 meses
mínimo de 4 h/día
dirección e supervisión do mozo/a por un titor/a da empresa

Retribución mínima do mozo/a:
80% do IPREM mensual para prácticas de 4 h/día
100% do IPREM mensual para prácticas de máis de 4 h/día

Requisitos das persoas en prácticas:
persoas novas desempregadas, inscritas na oficina de emprego
entre 18 e 25 anos inclusive
persoas tituladas en Traballo Social (entre outras).
non ter tido relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a 3 meses na mesma actividade (non contan as prácticas da titulación).
Selección: preselección polo Servizo Público de Emprego de Galicia e selección final pola empresa.
Axuda para a empresa: o 75 % do IPREM diario por cada persoa en prácticas por cada día que duren as prácticas.

Prazo de solicitude: ata o 15 de novembro de 2014.

Máis información:
Dirección Xeral de Emprego e Formación, teléfonos 981 545 601 e 981 544 692
DOG nº 80 do 28/04/2014