Pleno infantil co gallo do Dia internacional dos Dereitos da Infancia

O Concello das Pontes, con motivo do ́ , celebrou dous plenos infantís onde o alumnado de 2º de primaria dos centros educativos A Magdalena, A Fraga e Santa María foron os principais protagonistas.

 

O Concello das Pontes, con motivo do Día Universal do Neno, celebrou dous plenos infantís, esta mañá, onde o alumnado de segundo de primaria dos centros educativos A Magdalena, A Fraga e Santa María foron os principais protagonistas.

Baixo a presenza de tres alcaldes e unha alcaldesa, preto dunha vintena de concelleiros  e concelleiras expuxeron, ante os membros do goberno municipal, presentes no salón de plenos, as súas inquedanzas e suxestións para facer das Pontes un pobo mellor, onde a infancia sexa unha prioridade.

As propostas realizadas polo alumnado abrangueron áreas tan diversas como o medio ambiente, a industria, o urbanismo ou a cultura. Entre as propostas máis curiosas destacaron a adquisición dun submarino para ver o fondo do lago ou decorar a cheminea da central térmica con luces de Nadal.

Todos os equipos infantís de goberno destacaron a importancia de mellorar as rúas, tanto no centro urbano como no rural,  aumentar o número de luminarias e poñer en marcha máis programas actividades ao aire libre para os menores da vila.

Finalizadas as sesións plenarias, o alumnado trasladouse ata o rexistro municipal para presentar, de forma oficial e por escrito, todas as súas peticións e suxestións.

Desde o Concello das Pontes valoran moi positivamente estas visitas que permiten achegar ao alumnado da vila os órganos de toma de decisións, facendo que nenos e nenas das Pontes teñan voz propia, fomentando a participación cidadá.