Plan de formación do voluntariado da xunta de Galicia 2013

Unha das funcións da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é a promoción e organización das actuacións en materia de xuventude e voluntariado, e correspóndelle organizar cursos de educación non formal que afondarán na capacitación das persoas que traballan no ámbito da xuventude e voluntariado, co obxecto de que obteñan unha formación continua que lles permita organizar e xestionar os servizos que ofrecen á mocidade e ás entidades de voluntariado.

Ao igual que en anos anteriores, os cursos seguirán unha metodoloxía combinada de formación presencial e en liña, para facilitar a formación daquelas persoas con dificultades para desprazarse e poder participar nos cursos presenciais por incompatibilidades cos seus horarios laborais e diferentes responsabilidades.

Pincha aquí :0-1963-d-folleto 2013