Participa na confección da Lei de Xuventude de Galicia

banner_lei_xuventude

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a traballar na elaboración do borrador de Anteproxecto de Lei de Xuventude. Co obxecto de acadar un texto que recolla as suxestións de todos e todas os mozos e mozas galegos, así como de colectivos e entidades afectados, poñemos á vosa disposición o texto do borrador, para que poidades facer aportacións ao mesmo a través do correo electrónico subdireccion.programas@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ata o venres, 15 de xullo, indicando no asunto “alegacións Lei de xuventude”.Así mesmo vos comunicamos que ao longo do mes de xuño levarase a cabo a presentación do borrador de Lei de Xuventude de Galicia a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais e mozos/as interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador de Lei.

Os encontros provinciais terán lugar durante o mes de xuño, ás 12:00 horas o día 21 no albergue xuvenil de Gandarío; na Casa da Xuventude de Ourense o día 22, no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo o día 23, e no Albergue Xuvenil LUG II en Lugo o día 24 a esa mesma hora.

Así mesmo realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de centros de xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui, Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, o día 27 de xuño as 20,00 horas, e ás 20,00 horas do día 28 nos espazos xove de Betanzos, Vilalba, Viveiro e Lalín.

Podes descargarte o borrador aqui

Invitámosvos a todos a participar.