Parque infantil Ignacio Echeverría

As Pontes vai lembrar de novo a Ignacio Echeverría, outorgando o seu nome ao parque ubicado no Poboado do Anguieiro.

 

 

As Pontes vai lembrar de novo ao noso heróico veciño Ignacio Echeverría, outorgando o seu nome ao parque contíguo á que foi a súa vivenda, ubicado no Poboado do Anguieiro.

A remozada área recreativa del Poboado do Muiño ata o de agora sen máis denominación que a popular mentada pasará a denominarse Parque Ignacio Echeverría, logo de que decidise por unanimidade por todos os grupos municipais en sesión plenaria.

O acto vai principiar ás once e media da mañá e contará coa presenza do pai e a nai do falecido nos atentados terroristas de xuño en Londres, onde intercedeu para defender a unha moza pagándoo coa súa vida.

Ademais da nova nomenclatura para o parque, incluíuse un logo dun monopatín no que hai anos era unha pequena pista de patinaxe, como lembranza tamén do que quedará para sempre como recordo do “Heroe do monopatín”, apelativo co que a prensa internacional definíu ó noso veciño.

Dende o Concello convidouse a toda a cidadanía a participar desta homenaxe e especialmente ós que viven ou viviron na zona do Anguieiro, para arroupar unha familia que tivo que enfrontarse a este luctuoso desenlace.

O alcalde de As Pontes, Valentín González, vai presidir un acto que prevé sinxelo pero moi sentido. “As Pontes deu unha lección de solidariedade e humanismo cando nos tocaba tan de perto a barbarie terrorista, e agora sei que o vai facer arroupando a esta familia que sabe que aquí ten a súa casa e a xente que valora o exemplo que deu Ignacio e que comparte os valores polos que el entregou a vida. Co acto do sábado queremos que o seu nome sexa tan eterno como o foi a súa heróica actitude”.

Ignacio dará nome ó parque no que tanto xogou de neno, no barrio, onde se criou, ó residir en As Pontes os primeiros 11 anos da súa vida, cadrando coa estancia laboral do seu pai na central térmica de Endesa, tempo no que estivo escolarizado na guardería primeiro e despois no Colexio de A Madalena.