Os axouxeres

Os Axóuxeres é un programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere axudar os pais e nais a manter a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles espazos de lecer para a familia na nosa lingua e ferramentas para aprender, cantar e xogar en galego cos fillos.

Os Axouxeres volven ben cargados de sorpresas! Novos personaxes, novas cancións, novos xogos… para que os máis pequenos da casa gocen coa língua galega.

Este ano, ademais, Os Axóuxeres non serán só un espectáculo para bebés e familias, senón que tamén os poderedes ver na tele, no cine, en internet e nos móbiles. Convértense nun proxecto transmedia para estaren presentes en todos os espazos onde as novas xeracións –mamás e papás novos cos seus cativos- se divirten e se relacionan.

O vindeiro sábado día 3 de novembro os axouxeres visitan Ferrol. Será as 12 no Pavillón da Malata cun espectáculo de música xogos e palabras.

Entrada de balde. E necesario reservar a entrada chamando ao teléfono 637179304

Mais info: axouxeres