Orella pendella

Esta é unha páxina de Ditos, recitados e cancións infantis.

Desexamos que vos guste.

Logotipo de Orella Pendella

Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós.

Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos amigos/as que nunca cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos.

Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de Europa e, incluso, de América e de África, e outros son de creación xenuinamente galega. De aí a enorme variedade e as múltiples versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.

Animámosvos a participar neste proxecto achegándonos os ditos, recitados e cancións que coñezades e gozando cos que aquí descubrades. Non teñades reparo en enviarnos versións moi semellantes pois tede en conta que case todas as versións son válidas porque no seu seo latexa o xenio creador do pobo.

A páxina está aberta á túa colaboración, moitas grazas por participar.

hppt://www.orellapendella.org/