Obradoiros de musicoterapia

O Concello de As Pontes a través da consellería de Servizos Sociais vén de convocar dous Obradoiros de Musicoterapia .

Obradoiro para pais e nais que están a esperar un fillo/a levarase a cabo os xoves 26 de xuño e o 3 de xullo na Sala de danza da Casa Dopeso de 17:00 a 19:30


Obradoiro para nenos  e nenas de 0 a 3 anos (acompañados polos seus pais, nais o coidadores/as) desenvolverase o vindeiro mércores 25 de xuño e o 2 de xullo tamen na sala de danza da Casa do Peso de 17:00 a 19:30 h

A actividade desenvolvese coa música, a palabra e a expresión artística en xeral como canles para que os participantes tomen conciencia do seu corpo como elemento expresivo a través da voz, o ritmo, o movemento, Experimentar, explorar e xogar estimulando os sentidos para promover experiencias de interacción cos fillos/as.

Con estes obradoiros preténdese desenvolver e profundizar nos lazos vinculares que unen a nai e o pai co fillo empregando a comunicación a través da música e o corpo; estimular e promover a toma de conciencia sobre ese corpo e o ritmo persoal a través da respiración, a danza, o movemento e a voz.

Os obradoiros serán impartidos pola psicóloga e músicoterapeuta Ana Seijo Cuba.

Para apuntarse so tedes que chamar ao teléfono 981441008 (Servizos Sociais) antes do 23 de xuño