O vindeiro mes de setembro comezará en As Pontes unha acción formativa, destinada a impulsar a formación e inserción laboral entre os máis xoves da que se beneficiarán 16 persoas desempregadas durante 6 meses.
Este novo programa, impulsado desde a Consellería de Traballo e Benestar, a través do “Programa mixto de emprego e formación para a mocidade”, conta para o municipio pontés cunha subvención que ascende a un total de 111.078.24, sendo a cofinanciación do Concello de As Pontes de 30.000 euros.
O obradoiro contará con 2 docentes, 1 director, 1 administrativo e 12 alumnos/as (menores de 25 anos), que se formarán en «confección e ublicación de páxinas web», sendo requisito imprescindible para o acceso a este programa a inscripción no “Sistema Nacional de Garantía Xuvenil”.