Obradoiro Pontes de Emprego III

 

Esta semana, o alumnado do Obradoiro Pontes de Emprego III, ó abeiro do módulo de orientación, asesoramento, información profesional e formación empresarial do programa, reaalizaron unha vistia ao polígono de Penapurreira.

Os rapaces e rapazas puideron coñecer, de primeira man, cuestións relacionadas coa prevención de riscos laborais, as diferentes fases do proceso productivo, desde a recepción da materia prima ata o embalado do producto para a súa distribución, a posta en marcha dunha empresa, asuntos relacionados coa elaboración dun plan de empresa e a cultura emprendedora e achegarse á incubadora de empresas do polígono de Penapurreira para comprobar como se fai realidade unha idea de negocio.