Obradoiro de técnicas de estudio

Dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá , estase a organizar un Obradoiro de Técnicas de Estudo dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o alumnado da ESO. Este curso será impartido por persoal da Academia Ensino os días 26, 27 e 30 de decembro e os días 3 e 7 de xaneiro, de 11:00 a 13:00 h, e o día 30 de xaneiro de 18:00 a 20:00 h, na Aula Polivalente da Casa Dr. Dopeso.

As datas de inscrición son: do 13 ao 19 de decembro no Departamento de Servizos Sociais, en horario de mañá.