Obradoiro de tatuaxes de henna

Queres aprender a facer tatuaxes de henna?

 

O vindeiro venres 20 de abril as alumnas do Curso de Alfabetización e Habilidades Sociais de Cáritas impartirán un obradoiro de iniciación de tatuaxes de henna. Será no local da asociación de veciños A Choupana de 16.30 a 19:30.

O obradoiro está organizado por Cáritas e conta coa colaboración do Concello e da asociación de veciños A Choupana.

O obradoiro é gratuito. Prazas limitadas. Para apuntarse chamar ao teléfono 667922134 (Raquel).