Obradoiro de queixos para nenos e nenas

Un pequeno adianto do programa da X Feira do Queixo do Eume e a Mel de Goente.

O domingo, 14 de outubro, ás 12:30 horas, obradoiro de queixos para nenos/as. Un equipo do Grupo Vallelongo amosarelle, ós máis pequenos da casa, todos e cada un dos pasos a seguir na elaboración do queixo, desde o ordeño do leite fresco, a fabricación do produto, o seu envasado e etiquetaxe

Un obradoiro, de balde, diferente e moi divertido que os vosos nenos non poden perder 🙌🙌!