OBRADOIRO DE PINTURA DE PAREDE!

Dende Aulas de Diversión, propoñemos para este sábado 26 de novembro, unha novidosa actividade:

Obradoiro de Pintura de Parede para nenos e nenas!!!!

É unha actividade destinada a que os nenos e nenas den renda solta a súa imaxinación e reflictan nas paredes da Casa de Don Pedro os seus soños e diversións, pintando as súas figuras e numerosos debuxos libremente.
Esperamos que vos guste a idea e que veñades a gozar connosco da mañá do próximo sábado.

Como sempre, as prazas serán limitadas a 30 nenos/ás.
So tes que achegarte á Casa de Don Pedro ás 10:30h e cubrir a inscripción.

Un saúdo!