Obradoiro de inglés de conversación curso 2013-2014

O Obradoiro “Inglés de Conversación”, promovido polo Concello de As Pontes a través da area de Servizos Sociais que dirixe o Concelleiro José Alén, afronta este curso 2013-2014 a súa sexta edición.

O alumnado ao que vai dirixido o programa é de 3º, 4º, 5º , 6º de primaria e 1º da ESO, coas seguintes quendas:

  • 3º primaria: Luns 17.00 a 18.00
  • 4º primaria: Martes de 17:15 a 18.15
  • 5º primaria: Luns 18.15 a 19:15
  • 6º primaria: Luns de 19:30 a 20:30
  • 1º E.S.O: Martes de 16:00 a 17:00

    A formalización das inscricións será no Departamento de Servizos Sociais (Casa Dopeso, 2º Andar), entre o 23 o 27 de setembro en horario de mañá.

    O número de prazas ofertadas é de 75 que se distribuirán en 5 grupos, se o número de solicitudes supera a oferta, farase un sorteo por grupos de idade o día 2 de outubro as 9:00 h na Aula Polivalente da Casa Dopeso.

    A listaxe de admitidos/as publicarase na web do Concello, no taboleiro de Servizos Sociais e no taboleiro da Casa do Concello.

    IMPORTANTE: O alumnado admitido no Obradoiro Inglés de Conversación terá que acudir ao Departamento de Servizos Sociais para confirmar a praza os días 3 e 4 de outubro.

    As clases comezarán o día 14 de outubro no CPI Monte Caxado.

    Descarga a solicitudedocumentos solicitude inglés 2013