Obradoiro de Inglés de Conversación

O Concello de As Pontes pon de novo en marcha o programa educativo Obradoiro de Inglés de conversación que organiza a Consellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá.

Destinatarios: alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria e 1º da ESO matriculado en centros educativos  de As Pontes. 75 prazas

Solicitudes

No Departamento de Servizos Sociais na casa Dopeso 2º andar (horario de mañá)

Teléfono: 981 44 10 08

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 14 ao 20 de outubro.

A listaxe de admitidos/as publicarase no taboleiro de Servizos Sociais o 23 de outubro (no caso de haber máis solicitudes que prazas haberá sorteo).

As clases comezarán o vindeiro luns día 27 de outubro no soto da Casa Dopeso (ao lado do Mercado Municipal)

Horario das clases:

3º de primaria: luns de 17:15 a 18:15

4º de primaria: martes de 17:15 a 18:15

5º de primaria: luns de 18:15 a 19:15

6º de primaria: martes de 19:30 a 20:30

1º da ESO: martes de 16:00 a 17:00