Obradoiro de Cociña para nenos e nenas: Á mesa!!

O Concello de As Pontes, desde o Servizo Psicopedagóxico Municipal, pon en marcha de novo o Programa de ocio Educativo Aulas de Diversión que comezará o sábado 9 de abril cun Obradoiro de cociña : Á mesa! que terá lugar na Escola Infantil Barosa en dous turnos de 15 nenos/as en cada turno:

-10:30/12:00

-12:00/13:30

O Obradoiro Á mesa!, terá lugar os días 9 e 16 de abril. Para asistir é preciso cubrir a Inscripción no Rexistro do Concello do 1 ao 7 de abril. Para este obradoiro hai dispoñibles 30 prazas.

A listaxe definitiva publicarase o día 8 de abril no taboleiro do Concello.

!Esperamos que vos guste!