Obradoiro de Arduino e robótica

 

• ́

O vindeiro 21 de marzo, día mundial do Arduino, en Amigus Labs celebrarán un obradoiro para nen@s de iniciación ao Arduino e a robótica, unha forma práctica e divertida de coñecer Arduino e as posibilidades que ofrece.

Durante 6 horas, os nenos e nenas aprenderán a programar en Arduino, a desenvolver os seus primeiros programas e proxectos, entre eles fabricarán robots peleones e elementos dunha cidade intelixente.

O obradoiro será de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00. A idade para participar no taller é de 6 a 16 anos.

A actividade e gratuita para os fill@s dos soci@s de Amigus Labs e de 10€ para non soci@s. Unha vez cuberto o formulario de inscrición, se enviará un email confirmando a reserva da praza así como o número de conta onde formalizar a inscrición.

Tedes máis información en: http://www.amiguslabs.org/amigus-kids-labs-arduino-day-2020/