Obradoiro Cociñas do mundo: postres de Marrocos

Gústache a repostería de Marrocos?

 

As alumnas do curso de Alfabetización e Habilidades Sociais de Cáritas As Pontes impartirán un obradoiro de iniciación a repostería do seu pais. Será o vindeiro venres 20 de abril no local da asociación de veciños da Choupana en horario de 16.30 a 19:30.

Esta actividade está organizada por Cáritas e conta coa colaboracion do Concello e a asociación de veciños A Choupana.

Apúntate no 667922134 (Raquel). O obradoiro é gratuito. Prazas limitadas