Obradoiro Audiovisual: adquisición de competencias xenéricas para o emprego

Paideia organiza un Obradoiro de Audiovisual para a adquisición de competencias xenéricas para o emprego

É un obradoiro de música, fotografía, son e radio cun total de 100 horas de formación grupal para 16 ou 20 persoas.
Existe a posibilidade de contratación sdurante 6 meses en empresas de diferente sectores.

Requisitos:
Mocidade desempregada de 16 a 29 anos, residente en Galicia e inscrita en Garantía Xuvenil
Non se precisan coñecementeos previos do sector audiovisual.

Datas: comezo en decembro de 2016
Lugar: A Coruña e Padrón

Cal é o obxectivo?
Adecuar as competencias profesionais e persoais de mozos desempregados/as con carencias no seu currículo formativo, ás requiridas no mercado laboral actual.

Cal é a metodoloxía?
A metodoloxía empregada está dirixida ao desenvolvemento e mellora de coñecementos, competencias, habilidades e valores relevantes para a inserción laboral dos mozos.

O programa consta dunha duración de 100 horas de formación grupal distribuídas en 6 bloques formativos e 10 horas de titorías individuais. Os talleres desenvólvense contorna ao mundo da imaxe,  o son, o ámbito audiovisual,  radio, cinema, música, fotografía?

Que contidos ten o programa?
Formación grupal e titorías individuais
Asesoramento de profesionais e titores
Actividades en estudo de gravación e estudio
Estudo de casos prácticos
Contidos teóricos
Visitas a empresas
Talleres socio-deportivos e cultura urbana
Avaliación e seguimento continuo

Máis información en Paideia

http://www.paideia.es/ Teléfono: 981 223 927
www.deloa.es Teléfono 981 817 000

https://www.facebook.com/fundacionpaideia/