O Lago de As Pontes acollerá o campionato galego de vaurien na fin de semana do 17,18,19 de maio

O lago das Pontes volverá convertirse no escenario dunha nova competición deportiva, o campionato galego de Vaurien e a XIV Regata Vila das Pontes. Os vindeiros 17, 18, e 19 de Maio celebraranse estas competicións organizadas  polo Clube de Vela Fluvial As Pontes e patrocinadas polo Concello de As Pontes.
A regata comezará sobre as 14.30 horas do venres 17, e é que se agarda a participación de regatistas chegados dende diversos puntos de Galicia, pero tamén do País Vasco ou incluso Extremadura. Na primeira xornada os regatistas terán que facer tres mangas en triángulo olímpico, para navegaren todos os ventos. O sábado 18, e tamén dende as 14.30 horas desputaranse tres mangas máis e xa o domingo a saída farase ás 11.00 horas. Destas probas sairán os campións galegos da Clase Vaurien, pero tamén haberá trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos, xuvenís e femininos na XIV Regata Vila das Pontes.
Foto RTVE
A entrega de trofeos está prevista para as 17.00 horas do domingo, 19 de maio.