O goberno suspende a aprobación da LOMCE ata a semana que ven

A escalada do conflicto educativo desencadenada hai xa máis de tres anos polos recortes presupuestarios alcanzou onte un máximo. A reforma educativa que promove o Goberno sacóu onte á rúa a decenas de miles de persoas en toda España e volveu a unir nunha folga xeral por segunda vez nun ano a todos os niveis educativos —da escola infantil á Universidade—, impulsada por profesores, familias e alumnado.

O Goberno decidiu aprazar ata o vindeiro  venres a aprobación da reforma educativa prevista para hoxe . Segundo fontes do Executivo, “para afinar alguns detalles técnicos pendentes na memoria económica que acompaña a dita lei.”

Dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público resaltan que o paro alcanzou un “éxito rotundo” e con él a comunidade educativa galega expresa o seu “rexeitamento firme á Lomce”. Cifran en case o 90% o seguemento da folga entre alumnos e profesores, e resaltan o apoio das familias á convocatoria que, sen incidentes, defenderon o ensino público e laico. Os representantes dos pais aseguran que haberá máis protestas se Educación non decide modificar o anteproxecto.