O galego no ensino

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia(TSXG) anulou dous dos puntos básicos do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, que aprobóuo goberno de Feijoo na anterior lexislatura. Faino ademáis cunha sentenza contundente na que acusa á Administración de abdicar das suas tarefas e de permitir utilizar a língua castelá ao alumnado en materias impartidas en galego, o que vai contra a Lei de Normalización Lingüística.

Sindicatos e representantes do profesorado galego recordan que cando a Administración estaba a elaborar esta norma, xa no 2009, e posteriormente coa súa aprobación, advirtiron que habería problemas coa capacidade dos pais para decidir en qué lingua escolarizar aos fillos “O expresamos no seu momento, que esa consulta tiña todos os indicios de ser contraria a dereito. Empezan os pais por decidir a língua en Infantil e logo decidirían sobre o currículum e outras cousas expresóu José Pardo Cuñarro, portavoz da xunta de Directores de Primaria.

En canto aos sindicatos, CIG-Ensino é máis contundente e solicita a anulación total do decreto porque “moitos centros educativos, na actualidade, non teñen ni unha hora de docencia en galego en Infantil” .ANPE, por exemplo, considera que a Xunta debe realizar “cambios urxentes” neses dous puntos que cuestiona o TSXG.

As asociacións de pais e nais de alumnos prefiren esperar a ler a letra pequena das sentenzas para pronunciarse. Se para a CIG, “esta norma foi imposta para reducir a presenza do galego nas aulas”, ANPE centrase en criterios meramente docentes e, según as suas palabras, “de sentido común”. “Sabíamos que non podía sair adiante o da consulta e tampouco o de falar en clase galego o castelán porque eso impediría alcanzar ben as destrezas en ambolosdous idiomas, e o único obxectivo é que acaben a escolarización con competencias nas dúas; para elo teñen que falar na clase na língua da asignatura”, argumentóu Julio Díaz. Para Pardo Cuñarro, “non é ningún trauma para o alumno recordarlle nun momento dado en clase que debe expresarse en galego ou en castelán, so para aprendelo, evidentemente”. “É máis, se estás introducindo as clases en inglés, para aprendelo deben expresarse nese idioma, pois nas outras materias igual, en galego ou en castelán en función de cómo se esté dando a clase. E que é unha cuestión de lóxica que se utilice esa língua”, engadiu o docente.

Callón resaltóu que, segúndo os datos da Mesa pola Normalización Lingüística, so o 20% das horas no conxunto do ensino non universitario se imparten en galego, o que incumple incluso o propio decreto, que fixaba unha porcentaxe de entre o 33 e o 50%. Para o presidente da MNL, “o que é tremendo, é que teñamos que estar en novembro de 2012, cando xa levamos máis de 30 anos de autonomía, reclamando unha cuestión tan básica como que o galego, língua propia e língua tamén oficial, teña presenza tamén na educación infantil”. Para Callón, “este é un decreto zombi; o nuevo debería basearse nos consensos da Lei de Normalización Lingüística e o Plan de normalización”.

O tribunal di que os nenos teñen dereito a recibir a primeira ensinanza na sua língua materna, e é o propio Goberno o que debe de adoitar as medidas necesarias para elo, «sen posibilidade de intermediación ningunha dos familiares». Máis aún, recorda o TSXG que a Administración non pode abandoar esta responsabilidade cunha consulta aos familiares que determine a língua a usar.