O Concello incrementa a aportación para o programa “Eu almorzo no cole”

 

 

Foto: Angel Manso La Voz de Galicia

O Concello de As Pontes celebraba esta mañá a sesión ordinaria na que se decidía o incremento da aportación ás Anpas Outo Eume de A Madalena, e Medoñas de A Fraga, para desenvolver o programa “Eu almorzo no cole”.

Este é un dos programas que promove o goberno local para a compatibilización da vida laboral e familiar e que, dende hai case unha década permite ós proxenitores deixar ós seus fillos e fillas no Colexio antes do comezo da xornada lectiva escolar, para que podan almorzar e facer actividades no centro.

Logo da suma do alumnado do Monte caxado ao Colexio de A Madalena, a demanda disparouse. Neste senso, dende o Concello tamén se volvía insistir na esixencia á Xunta de que faga a súa aportación a este programa, que sostén en solitario a Administración local.

Para poder destinar a subvención precisa tamén se aprobaba a modificación da base 48ª dos orzamentos municipais.