O Concello de As Pontes abrirá o día 23 os Campamentos de Nadal l

Pequenos e pequenas de entre 3 e 11 anos poderán participar nestes obradoiros que se desenvolverán na Magdalena durante 10 días.
O Concello de As Pontes abrirá un Nadal máis os seus campamentos urbanos dirixidos a ofrecer unha alternativa de conciliación da vida laboral e familiar para aquelas nais e pais que, durante os días de descanso escolar, non conten cun lugar onde deixar aos seus nenos namentras elas e eles traballan.
O Departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller vólvense facer cargo da posta en marcha deste programa que ofertará un total de 50 prazas para nenos e nenas de entre 3 e 11 anos de idade.
Xogos, manualidades ou deportes integrarán as actividades incluídas nestes campamentos que abrirán as súas portas o vindeiro día 23 e que terán un custo de 10 euros por participante.De feito, dende hoxe mesmo e ata o vindeiro día 19 será posible formalizar a pertinente inscrición para tomar parte nestes campamentos que se desenvolverán os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e xa en xaneiro os días 2, 3, 4 e 5.Novamente, as dependencias do CEIP A Magdalena albergarán estes campamentos en horario de 9.00 a 14.00 horas.Para anotarse tan só é preciso achegarse ata o Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, e cubrir o pertinente boletín de inscrición aínda que, como ven sendo habitual, no caso de que o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas estableceranse criterios de admisión. De feito, terán preferencia os pais e nais que xustifiquen o estar traballando ambos durante as vacacións escolares de Nadal; as familias monoparentais cuio responsable tamén deba traballar durante estas datas ou aqueles que acrediten o estar a realizar algún curso formativo.De feito, ademáis de presentar a inscrición, tamén será necesario incluír a fotocopia do Libro de Familia, os certificados de empresa de conforme se está traballando durante as datas dos campamentos ou a fotocopia do último recibo de autónomos no caso de que o solicitante traballe por conta propia; certificado da entidade que imparte a formación, de estar asistindo a ela, declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico e fotocopia do título de familia numerosa para acollerse á reducción do 50% da taxa dos campamentos. Para obter máis información ao respecto é posible contactar co Centro de Información á Muller, no 981 44 10 08 de luns a venres, entre as 8.00 e as 15.00 horas ou ben acceder á páxina web do Concello, onde se publicarán as bases deste programa..