O Concello asina un convenio de colaboura con Aspanaes

O concello de As Pontes asinaba este mediodía coa entidade Aspanaes un convenio de colaboura, que ten por obxectivo a promoción do futuro laboral das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo da zona de As Pontes.

No salón de plenos muncipal asinábase este convenio polo Concelleiro José Alén e a Directora Xerente de Aspanaes, María Teresa Tiemblo.

Dicía José Alén que “ Queremos dar a esta xente unha oportunidade na que estamos seguros da súa resposta positiva. Coa firme pretensión de favorecer que desenvolvan actividades persoais e sociais, acordes cos coñecementos básicos e específicos de determinados postos de traballo.

Garantiremos, coa titoría precisa, que podan acadar a integración sociolaboral que está detrás do programa, como obxectivo”.

Os últimos estudos realizados sobre empregabilidade, indican que entre o 76% e o 90% das persoas adultas con Autismo, non teñen emprego ao chegar á vida adulta,

Enfrontándose a unha taxa de desemprego xeneralizada e a pouco ou ningún apoio para a súa inclusión no mercado laboral e en definitiva, a falta de oportunidades para ter unha vida independente.

Esta alianza, pioneira no sector público, ofrece oportunidades laborais que permitirán que persoas con Autismo, podan desenvolver prácticas formativas no Concello das Pontes, acompañados por un preparador laboral, que será o encargado de orientar e informar a Entidade pública de acollida e aos seus traballadores, das necesidades e características que presentan os candidatos seleccionados, para os diferentes postos de traballo, impulsando así as súas fortalezas e talentos, e a súa inclusión social na Administración Pública.

O programa de itinerario laboral, iniciarase xa a vindeira semana, con dous candidatos atendidos na Entidade Social Aspanaes, que se incorporaran a Dependencias do Concello de As Pontes, realizando tarefas de conserxería, por un período marcado polos seus ritmos de adquisición de competencias e desenvolvemento persoal.

En princípio fixáronse dous meses, e de luns a venres, con horario de dez a dúas, nas dependencias de Servizos Sociais, na Casa Dopeso, e no Edificio administrativo da Rúa Castelao.

Unha vez acadada a meta proposta, serán relevados polos seguintes candidatos, dando continuidade o relevante programa laboral e de grande impacto nas vidas das persoas con Autismo.

No mesmo marco de coalboura entre Concello e Aspanaes anunciábase tamén a continuidade de outro porgrama no que tamén foi pioneiro o Concello pontés, a accesibilidade cognitiva, coa introducción de novos pictogramas identificativos de edificios e servizos.