O CFR acollerá o vindeiro día 30 un foro de debate sobre os deberes escolares

O Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (Giped) da Universidade da Coruña celebrará o vindeiro mércores día 30 un foro de debate sobre os deberes escolares, un tema de gran actualidade sobre todo a raíz da convocatoria por parte da confederación española de Anpas da folga das familias contra os traballos desenvolvidos fóra do horario lectivo.

Dada a importancia e controversia que existe neste campo, o devandito grupo de investigadores considera “necesario e moi enriquecedor” que a comunidade escolar, especialmente o profesorado e as familias, participen na actividade que terá lugar ás 17.00 horas, con entrada gratuíta e aberta a todos os interesados. O tema dos deberes escolares é o núcleo central do traballo investigador desenvolvido polo Giped.

Na cita do vindeiro mércores, intervirán unha das investigadoras deste grupo, Bibiana Regueiro; a inspectora de Educación na área de Ferrol, María Elena Urtiaga; o director do CEIP Plurilingüe O Ramo, Benigno Sánchez; e o presidente da Confederación de Anpas Galegas, Javier Sánchez. A tambén membro do Giped, Susana Rodríguez, encargarase de moderar o foro.

Diario de Ferrol

O CFR (Centro de formación do profesorado) está situado nas inmediacións do IES Sofía Casanova no barrio de Esteiro. Teléfono: 981 370 541