Novos ciclos de Formación Profesional Dual

Que é a FP dual?

É unha modalidade de formación profesional do réxime para as persoas adultas, e enténdese como o conxunto das accións e iniciativas formativas mixtas de emprego e formación que teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores, nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.

A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

No DOG do venres 28 de AGOSTO OFÉRTANSE NOVOS CICLOS DE FP DUAL

VER DOG: FP dual