Novos ciclos de Formación profesional dual en A Coruña

Novos ciclos de FP Dual de Química Industrial no IES A Sardiñeira

No IES A Sardiñeira renovamos a oferta educativa na familia profesional de Química. Actualmente ofertamos no noso centro tres ciclos de FP en distintas modalidades e réximes:

  • CM Operacións de laboratorio (Réxime ordinario)
  • CS Química Industrial (Réxime ordinario e Réxime adultos – Dual)
  • CS Laboratorio de análise e control de calidade (Réxime ordinario e Réxime adultos – presencial)
Como novidade para este curso 2017-2018 amplíase o número de prazas en FP Dual no ciclo superior de Química Industrial coa seguinte oferta e matrícula no mes de xullo:
  • Renovación de Convenio Dual con Repsol para o curso 2017-19. (18 prazas) 
  • Nova Implantación Convenio Dual con Estrella Galicia para este curso 2017-19.(12 prazas)
Ámbolos dous convenios de FP Dual de Química Industrial combinan un período de formación no centro educativo e outro de estancia na empresa durante a cal reciben formación e realizan traballo remunerado. Ao final do mesmo teñen grandes opcións de inserción laboral coa posibilidade de incorporarse a unha bolsa de traballo na empresa.

ENLACES:
A FP Dual en Galicia
Admisión na FP Dual (aínda non está activa a admisión para o curso 2017-2018)
Convenios FP Dual (os convenios do IES  A Sardiñeira están pendentes de publicación)

Fonte: Monica Diz orienta