Novo ciclo no IES Calvo Sotelo da Deputación

O prazo aberto para solicitar praza no novo ciclo comeza hoxe e rematará o 2 de xullo A Deputación amplía a oferta no IES Calvo Sotelo coa implantación do ciclo formativo de mecatrónica industrial 17/06/2015

A Consellería de Educación vén de comunicar aos responsables do IES Calvo Sotelo a ampliación da súa oferta educativa coa implantación, o próximo curso, do ciclo formativo superior de Mecatrónica Industrial.

Este curso formativo, moi relacionado co mantemento industrial e que suma materias dos ciclos de Mecanizado e Electricidade e Electrónica, só se impartía ata agora, en modalidade presencial, no IES Punta Candieira de Cedeira.

Coa oferta deste novo ciclo formativo de grao superior, o centro Calvo Sotelo completa a súa oferta de formación profesional, que inclúe tres grupos de formación profesional básica (fabricación e montaxe, artes gráficas e carpintería); 6 grupos de ciclos de grao medio (impresión gráfica, preimpresión dixital, mecanizado, carpintería, soldadura e instalacións eléctricas)

De xeito experimental, a Consellería de Educación tamén autoriza que os módulos específicos de cada un dos grupos da formación profesional básica se poidan realizar nas empresas. Deste modo, o alumnado cursará todos os módulos de primeiro no centro educativo, e os módulos específicos, que se imparten no segundo curso, nas empresas.

Todas as persoas interesadas en obter información sobre este ciclo poden atopala na páxina web do centro (http://www.centrocalvosotelo.com/centro-calvo-sotelo/) ou na da Consellería de Educación. O prazo para formalizar a matrícula estará aberto ata o día 2 de xullo.