Novidades nas becas do Ministerio de Educación (MEC)

 

O pasado martes, o Ministerio de Educación e o de Universidades, publicaban unha nota de prensa onde adiantaban algunhas das modificacións que se pretenden realizar no sistema de becas para o vindeiro curso 2020/2021.

Incrementase en 386 millóns de euros a cifra destinada a becas, o que supón un aumento do 22% na inversión para o curso 2020-2021. Con este incremento, a cifra total invertida no Sistema Estatal de Becas e Axudas ao Estudio é de máis de 1.900 millóns de euros (que cubre tanto a beca xeral como a de Necesidades Específicas de apoio Educativo). Ainda no hai nada publicado oficialmente pero é importante que as teñades en conta que:

 Modificanse os requisitos académicos

Reducense os requisitos académicos exixidos:

  • Non Universitarios:  Reducirase a nota de acceso as becas non universitarias do 5,5 ao 5

  • Universitarios: Accederase a becas de Grado co aprobado dunha porcentaxe de créditos, eliminando a nota media exixida ata agora.

    No primeiro curso será necesario o 5 de nota de acceso á Universidade. No resto de cursos, para obter a beca completa, servirá con aprobar unha determinada porcentaxe sen necesidade de ter, ademáis, unha nota media. Hai que esperar a confirmar as porcentaxes pero poderían ser os que se aplicaban ata agora: O 90% en Ciencias Sociais e xurídicas, Artes e Humanidades; o 80% en Ciencias da Saude; o 65% en Ciencias, Enxeñería e Arquitectura. Para os estudios de Máster non se adiantou ningún cambio.

    Elevación do umbral 1

    Elevase o umbral 1 de renda, equiparándoo prácticamente ao umbral de pobreza, o que llevará a que moitos solicitantes pasen do umbral 2 ao umbral 1 e que accedan a cuantía fixa ligada a renda.

    Nos vindeiros días publicaráse o proxecto de umbrais e se poderán confirmar estas cuantías que poderían elevar o umbral 1 entre 5000 e 10000 euros dependendo do número de miembros da unidade familiar. Na actualidade hai 3 umbrais. Sobre o resto de umbrais non se anunciou ningunha modificación.

    Elevación das cuantías fixas en 100 euros.

    Elévasecuantía fixa ligada a renda que obteñen os estudiantes do umbral 1, pasando de 1600 a 1700 euros. No caso de estudiantes «non universitarios» que superan o umbral 1, poden obter a denominada beca básica que pasa de 200 a 300 euros.

    Elevaseaxuda de residencia, pasando de 1500 a 1600 euros

    Aumenta a inversión en persoas con discapacidade

  • Non Universitarios: O alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) recoñecido mediante certificado poderá acceder á convocatoria de ayudas para estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo (NEAEs)i

  • Universitarios: No caso de estudios universitarios, na presente reforma proponse cubrir o custo completo anual que teñen as matrículas de estudiantes con discapacidade da UNED.