Novas formación profesional

Galicia oferta para este curso casi 27.000 prazas de formación profesional distribuidas en 910 ciclos de grado medio e e grado superior. Hai prazas para todos e probablemente haxa cientos de vacantes, pero a oferta e a demanda seguen sen encontrar o equilibrio. A estas alturas, hai decenas de ciclos formativos coa lista de espera, aunque so en trinta acumulanse  casi sete mil solicitudes. En concreto, e tendo en conta que son cifras provisionais, 6.896. Ainda quedan procesos de adxudicación, pero algúns destos ciclos xa cubriron todas as prazas que ofertaban, polo que é difícil que os estudiantes  logren entrar no curso que querían.

Dende a Consellería de Educación aclaran que nesta lista de espera pode haber alumnos repetidos porque solicitaron praza en más dun ciclo, lo que fará que se reduza o listado definitivo. Outro motivo pol que pode decrecer  o número de peticións é porque alumnos que sí tiñan preaza renuncien a ela -por exemplo, porque acceden a unha carreira universitaria-. Dentro destes ciclos máis demandados os hai de familias dispares, como actividades físicas e deportivas; comunicación, imaxe e son; hostelería w turismo; imaxe persoal; industrias alimentarias; sanidade, o servizos sociocultuais á comunidade.

Os ciclos nos que se rexistra máis demanda varían en canto a temática, en canto a sua implantación en Galicia e en canto o seu grado de inserción. Por exemplo, auxiliar de enfermería está implantado en 17 centros educativos e 584 estudiantes están en espera; mentres que iluminación e tratamiento de imaxe, que so se imparte nun instituto, no IES Imaxe e Son de A Coruña, acumula 87 solicitudes, e eso que a estas alturas están cubertas  as 22 prazas que oferta, 18 mediante acceso directo e catro a través dunha proba. Cociña e  gastronomía suma 557 personas esperando en tan so sete centros.

Dentro da lista de espera que publica a Consellería de Educación  incluense  colexios concertados, e entre eles o único que practica a educación diferenciada e ten ciclos formativos, o colexio Aloya de Vigo. Unha das críticas máis contundentes trala sentenza que declara non lexítimo concertar esta educación é que se dese a este centro un novo ciclo superior de integración social, que segundo os sindicatos negaron a institutos públicos da provincia de Pontevedra. Nas listas provisionais so un alumno está na lista de espera deste centro, fronte aos 96, por exemplo, que ten o centro integrado de FP Ánxel Casal.

A demanda non se corresponde co futuro laboral. Sanidade  e imaxe e son son duas das familias con peores resultados no estudio de inserción que realiza periódicamente a Xunta, pero son tamén duas das áreas  onde se concentra máis demanda.