Non te lies cos rapaces malos.

 

Data de publicación: 2005

Esta é unha guía dirixida ás rapazas coma ti. Nela atoparás moitas claves para aprender cousas sobre o amor que che servirán para ter boas relacións cos rapaces. Pensamos que niso do amor témolo claro pero…! Moitas veces sufrimos porque as relacións nos danan. Debemos estar alerta ante as relacións que non nos gusten e saber como rompelas a tempo.

Non se nos ensina como debe ser unha relación.

 Aprendémolo polo que vemos nas relacións entre adult@s, na televisión, na casa,…

“O rapaz sempre se mostra como o máis forte e o que manda”.

“As rapazas ocúpanse de dar cariño e de apoiar”.

Isto mesmo pódese repetir na túa relación, porque é o que aprendemos.

Como aprendemos a amar?

Nunha relación sa ningún dos dous manda sobre o outro e os dous móstranse cariño e apóianse

Existe o príncipe azul?

Ensinóusenos que na vida de toda rapaza hai unha persoa especial que un día atoparemos

A idea do amor romántico pode facer que non vexas o que está pasando na túa relación

Moitas veces pensamos que aínda que nos trate mal, tamén hai momentos nos que se mostra cariñoso

A idea do príncipe azul fai que só vexamos as cousas boas que hai nel

Suponse que “ese príncipe azul nos salvará e nos protexerá”.

Non podemos depender doutra persoa para sentirnos seguras.

Nós temos que ser autónomas para poder romper as relacións que non nos conveñen

Hai rapaces que nos tratarán como merecemos. E o máis importante, non podemos considerar á nosa parella como a única meta da nosa vida.

[+]guia no te lies con chicos malos