Necesaria reforma educativa

“Os profesores bos non deben cobrar o mesmo que os malos”, escribe no seu último libro Despertad al diplodocus (editorial Ariel).

O filósofo e pedagogo José Antonio Marina é o responsable de trazar as liñas mestras do Libro Branco do Docente, un documento que lle encargou o Ministerio de Educación.

Marina fai fincapé na labor do profesor, e propon reformas polémicas. A maior de todas, vincular unha parte do seu salario aos resultados do alumnado e do centro. «A docencia ten que ser unha profesión de élite», asegura. «E os que estéan nela teñen que ter a posibilidade de ascender si o fan ben; non xubilarse igual que empezaron». Tamén propon transformar a súa formación facela tan esixente como a dos médicos o os enxeñeiros, e implantar un sistema equivalente ao MIR. Se funciona ben na sanidade, argumenta, tamén o faría na docencia. «Pero para facelo hai que avaliar».

Resultado de imagen de jose antonio marina

Según di Marina os informes McKinsey, e todos os estudios levados a cabo pola OCDE nos últimos anos, sinalan de forma contundente que a calidade dun sistema educativo depende fundamentalmente da calidade do profesorado e das políticas levadas a cabo coa profesión docente. En España hai moi bos profesores, pero todos son autodidactas. Nunca se ten coidado a formación inicial do profesorado, non hai un perfil claro das competencias esixibles, tampouco hai unha formación permanente nin unha avaliación, nin existe unha carreira docente que permita progresar a quenes o merezan. Os resultados do estudio TALIS mostran que cerca dun 40% dos profesores de Secundaria non teñen recibido nunca información acerca de si estaban dando ben o mal as clases. Para colmo de males, case ningun entrou na aula doutros colegas para ver cómo o facían.

    Marina fala de que en españa a profesión docente é pouco atractiva. Curiosamente nos paises con mellores resultados educativos como Finlandia e Corea del Sur sucede o contrario: a profesión docente está socialmente moi ben valorada. E non é unha cuestión económica xa que os docentes españois cobran un salario que está por riba da media da OCDE, pero o están so ao comenzo da sua carreira, despois estáncansementras noutros paises prosperan. Entre outras cousas porque está deseñada unha carreira docente onde os bos progresan e os malos non. En España se mide a todos polo mesmo raseiro e eso é desalentador.

Mais INFO: http://www.ceide-fsm.com/blog/