Mundo Xogo

A Concellería de Xuventude organiza Mundo Xogo que terá lugar do 23 de decembro ao 7 de xaneiro no mercado vello cun horario de 10:30 a 13:30 e  de 16:30 a 20:30 h.

Zona de foamball, obradoiros de arxila ,visita dun rei mago que recollerá as cartas e peticións dos máis pequenos.

Asemade, tamén está previsto que se instale unha fermosa árbore de Nadal, ateigada de agasallos para os gañadores das diferentes competicións que se realizarán durante estes días. Non faltarán as actividades xa tradicionais coma as mesas de hockey, billar, futbolín, os crebacabezas e os videoxogos, os xogos de cartas e os obradoiros de cociña e manualidades que se desenvolverán a diario, polas tardes.

Consulta as actividades pinchando aquí: navidad mundo xogo