MYANMAR: ROSTROS E PAISAXES

“Fotografías de Javier Álvarez “
Cando viaxamos facémolo para coñecer novos lugares pero tamén para compartir con familiares e amigos esa experiencia; as imaxes e as nosas vivencias fan posible achegar a outros ese destino de vacacións.
Javier Alvarez é o que poderiamos chamar “xente viaxeira “ con moitos e interesantes destinos na súa mochila. En agosto de 2012 realizou unha viaxe a Myanmar (antigua Birmania), un rincón de Asia cheo de lugares increíbles que comparte con nós a través dunha exposición fotográfica que nos invita a presenciar a grandeza deste país.

Neste caderno de bitácora cheo de imaxes Javier capta a paisaxe, os rostros, os atardeceres, as formas e as cores, fotografías e vídeos que farán que todos sexamos viaxeiros

A exposición poderá visitarse na sala do Mercado Vello do 12 ao 23 de xullo.

Horario: luns a venres de 19:00 a 20:30 h · sábados de 12:00 a 13:30

Festas do Carme (sabado 19, domingo 20 e luns 21) de 12:30 a 14:00 h e de 19:00 a 20:30 h.