Nestas vacacións de Semana Santa, a Concellería de Xuventude invita de unha vez máis aos rapaces ponteses a achegarse ao Mercado Vello, parar disfrutar das actividades de Mundo Xogo.
Nesta edición contaremos como gran novidade algo pioneiro nas Pontes que son unhas zonas de xogo de Playmobil:
Do 12 ao 20 de abril de 10:30 a 13:30 h en horario de mañá, e de 16:00 a 20:00 h polas tardes.
Zona de tiro para xogar cuns cortes de Playmobil, dúas mesas de carreiras para competir cos coches a tracción de Playmobil, dúas mesas de fútbol para disputar con Arxentina, Brasil, Portugal e España a desexada final do mundial, e dúas mesas tematicas de princesas e western para que os nenos disfruten de todos os xoguetes de Playmobil, ademáis dun espazo pensado para os máis peques cheo de Playmobil para eles.
Ademas e como todos os anos volve:
A cociña ovo frito,
O espazo de talleres de arcilla.
A zona de xogos, consolas futbolíns, billares
Un espazo de bloques de construción!!!
E volve a pista de slot xigante,
Todo un Mundo de Xogo para que a familia se divirta e pase uns días de festividade do máis entretido.
E como non montóns de agasallos para os nenos participantes!!! Nesta ocasión un montón de Playmobil!!!