Menores que sofren violencia de xénero

 

Cando estamos ante unha muller vítima da violencia de xénero, e é nai, debemos de tomar conciencia de que estamos ante máis dunha vítima (Laura Fátima Asensi Pérez)

Os nenos e nenas, fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero son vítimas tamén de esa violencia, e como tales deben ser atendidos e contemplados polo sistema de protección. O son porque sofren agresións directas en moitas ocasións, porque presencian a violencia entre os seus pais ou simplemente porque viven nun entorno de relaciones violentas e abuso de poder.

Este contexto que xustifica, lexitima e desencadea a violencia, é parte das relacións afectivas e persoais, internacionalizando un modelo negativo de relación que dana o seu desenrolo.

Ven e sofren a unha nai maltratada, en vez de protectora .A depresión e a baixa autoestima que se xeneran na muller vítima de violencia de xénero restalles seguridade e asertividade nas tarefas de crianza cos fillos e fillas. A situación de violencia leva a que a nai estea en maior risco de presentar síntomas de estres postraumático e xunto a elo unha peor calidade nas relacións cos fillos e fillas. Ven e sofren un pai maltratador, en vez de protector.

A violencia non é só a agresión física e a violencia de xénero é proba delo: non son as lesións físicas senón o medo e a anulación que sofren tanto mulleres como nenos e nenas o que os iguala na súa condición de vítimas.

A exposición á violencia ten efectos negativos na infancia, calquera que sexa a idade dos nenos ou nenas poden padecer: 

  1. Problemas físicos: retardo no crecemento, alteracións no sono e na alimentación, diminución das habilidades motoras…
  2. Alteracións emocionais: ansiedade, ira, depresión, baixa auto-estima, trastornos de estres pos-traumático…
  3. Problemas cognitivos: retardo na linguaxe, afectación no rendemento escolar…
  4. Problemas na conduta: escasas habilidades sociais, agresividade, déficit de atención-hiperactividade, inmadurez, agresividade, delincuencia… 

A Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero recoñece na súa exposición de motivos os efectos da violencia sobre os nenos e nenas pero non contempla medidas concretas para atendelos.

Non aparecen medidas específicas nos documentos técnicos ni nos plans de acción.

Existen recursos descoordinados entre as competencias da infancia e da muller,

Enténdese que a atención aos nenos e nenas dáse a través da nai e existen escasos recursos terapéuticos o educativos específicos para a infancia

Os nenos e nenas son tratados como obxecto de protección, non como suxeitos de dereito:

Non se informa, acompaña ou escoita aos nenos e nenas no proceso.

Os nenos varóns maiores de doce anos, en moitos casos, non acceden aos recursos

residenciais preparados só para mulleres, non poden acompañar a súa nai na casa de

acollida.

Non existen recursos adaptados para mulleres nin para menores con algunha discapacidade.

Non hai espazos físicos específicos para os menores de idade no ámbito policial e xudicial.

 É importante ter presente que estes nenos e nenas non poden avanzar no seu proceso de recuperación por eles mesmos senón que é necesario o acompañamento dunha persoa adulta (a nai sempre que sexa posible) Estes nenos e nenas vítimas da violencia de xénero necesitan un referente cercano que lles transmita seguridade emocional, lles facilite o contexto necesario para que poidan expresar as súas emocións, lles estableza límites sans e fomente a comunicación afectiva para que estas nenas e nenos poidan comprender a situación que lles tocou vivir..Centrar a atención na intervención coas mulleres vítimas de violencia de xénero dende o seu rol materno é importante para conquerir unha intervención integral coa propia muller e cos seus fillos e fillas.